Imprimir
AMIGOS DA TERRA organiza un novo curso no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, que nesta ocasión abordará o tema da compostaxe. DATAS: 7, 8, 9, 14, 15 e 16 de outubro LUGAR: Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas" (www.ascorcerizas.com), Serra de San Mamede. Concello de Vilar de Barrio (Ourense) ... Falarase detalladamente dos procesos necesarios para face-lo compost e das variadas técnicas e tipos que podemos atopar, non só de forma teórica senón tamén mediante a realización de distintos obradoiros. Asemade, empresarios e técnicos do sector contarán a súa experiencia ca compostaxe e das posibilidades que ésta ofrece nos actuais sistemas de xestión de residuos. DURACIÓN DO CURSO: 40 horas DATAS: 7, 8, 9, 14, 15 e 16 de outubro LUGAR: Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas" (www.ascorcerizas.com), Serra de San Mamede. Concello de Vilar de Barrio (Ourense) DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 23 de setembro NÚMERO DE PRAZAS LIMITADAS. A realización do curso está condicionada a un nº mínimo de 20 persoas que formalicen a inscrición no mesmo. FINANCIAMENTO: Consellería do Medio Rural Aquelas persoas que asistan como mínimo ao 70% das horas do curso, recibirán un certificado/diploma de asistencia recoñecido pola Xunta de Galicia. O curso é de balde para os asistentes (non se inclúe desprazamento, aloxamento nin manutención). O Centro ofrece aloxamento e comida a un prezo de 100 euros, no que se inclúen 4 noites, 4 almorzos, 4 xantares e 4 ceas. MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN: Amigos da Terra Galicia R/ Curros Enríquez 19, 1º interior Teléfono: 988 374 318 Fax: 988 511 020 www.amigosdaterra.net PERSOA DE CONTACTO: Raquel Fernández Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Visto: 2721